“O galego, a miña lingua propia”

O galego lingua propia

O programa “O galego, a miña lingua propia” da Deputación da Coruña rematará a fin de novembro despois de ter visitado 43 concellos con máis de noventa actividades. Polo de agora, máis de 3.000 rapazas e rapaces participaron nesta iniciativa promovida pola área de Lingua que dirixe a tamén vicepresidenta Goretti Sanmartín Rei.

Carballo, Cambre, Oleiros, Ponteceso, Teo, Sada, Ordes e Santiago son os concellos que este mes de novembro visitará o programa “O galego, a miña lingua propia”.

A iniciativa que botou a andar a Deputación da Coruña o pasado mes de maio e ten como obxectivo animar ao uso do galego entre a poboación nova, en especial, o alumnado do ensino secundario.

Até o momento, un total de 3.027 rapazas e rapaces participaron nas 79 actividades que se desenvolveron até fin do mes de outubro en 35 concellos da Coruña. A estas cifras haberá que engadir doce actos programados neste mes de outubro que van desde o obradoiro “Aula sen paredes” de Rosalía Fernández Rial, ás “Historias de arrepío” de Paula Carballeira, á achega á música tradicional para a contemporaneidade de Davide Salvado, o obradoiro de cine de Jaione Camborda, a proposta musical e artística de Xurxo Souto, os versos “de pegatina” de Antía Otero, as mulleres da música debuxadas por Laura Romero ou o obradoiro de cine na aula de Gaitafilmes que rematará o programa o vindeiro 30 de novembro no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Tanto as persoas que participan, todas con moitas cualidades de comunicación co público novo, como as propias actividades están a ser de interese de mozas e mozos e están a contaxiar o interese e a vontade de usar a nosa lingua en todos os ámbitos, explica Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña.

A campaña “O galego: a miña lingua” conta con referentes do mundo da literatura, nández Rial, Paula Carballeira ou Aldaolado; do ámbito musical como Xurxo Souto, MJ Pérez, García MC, Davide Salvado, Monoulious Dop ou Laura Romero; das artes plásticas como Leandro Lamas; do grafite como Sokram e Mou –Mutante Creativo-; ou do sector do audiovisual como Lois Blanco, Gaita Films e Jaione Camborda.

Xornalistas como María Yáñez, Fran Cañotas, Irene Lourido, persoeiros do mundo da ilustración e a moda como Cestola na Cachola, ou do ámbito sanitario como Iria Veiga, son protagonistas dos 20 obradoiros inseridos nos diferentes ámbitos en que son especialistas estas persoas co ánimo de persuadir e reafirmar o uso da lingua galega entre o estudantado.
Deste xeito, xa máis de tres mil mozas e mozos de entre os 13 e os 17 anos, participaron nunha campaña promoción lingüística que se desenvolve nos centros de ensino secundario dos concellos de A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía.

ACTIVIDADES PREVISTAS PARA O MES DE NOVEMBRO

LUNS 5 NOVEMBRO I CARBALLO
15H10 ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL I AULAS SEN PAREDES
LUGAR: IES MONTE NEME

MARTES 6 NOVEMBRO I CAMBRE
16H30 ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL I AULAS SEN PAREDES
LUGAR: IES AFONSO X O SABIO

LUNS 12 NOVEMBRO I OLEIROS
12H30 PAULA CARBALLEIRA I HISTORIAS DE ARREPÍO
LUGAR: IES NEIRA VILAS

MARTES 13 NOVEMBRO I PONTECESO
10H10 DAVIDE SALVADO I MÚSICA TRADICIONAL DESDE E PARA A
CONTEMPORANEIDADE
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL
11H30 DAVIDE SALVAO I MÚSICA TRADICIONAL DESDE E PARA A
CONTEMPORANEIDADE
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL

VENRES 16 NOVEMBRO I TEO
10H45 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA
LUGAR: IES CACHEIRAS
13H35 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA
LUGAR: IES CACHEIRAS

LUNS 19 NOVEMBRO I SADA
16H10 XURXO SOUTO – SOMOS UN POBO DE ARTISTAS !
LUGAR: IES MOSTEIRÓN

MARTES 20 NOVEMBRO I OLEIROS
11H20 PAULA CARBALLEIRA I HISTORIAS DE ARREPÍO
LUGAR: IES MARÍA CASARES

MÉRCORES 21 NOVEMBRO I CAMBRE
10H30 ANTÍA OTERO I VERSOS EN PEGATINA
LUGAR: IES DAVID BUJÁN

VENRES 23 NOVEMBRO I ORDES
13H00 LAURA ROMERO I PRESENTACIÓN DO PROXECTO ‘AS MULLERES NA
MÚSICA GALEGA’
LUGAR: IES MARUXA MALLO

VENRES 30 NOVEMBRO I SANTIAGO
09H35 GAITAFILMES I OBRADOIRO DE CINE NA AULA
LUGAR: IES SAN CLEMENTE

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *