Seis bandas optan a “Quero Cantar”, o premio de música infantil e xuvenil da Deputación da Coruña

Quero Cantar Deputación da Coruña

Seis bandas optan ao premio Quero Cantar de música infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. Tres bandas de Cortegada, Fisterra e Teo son as finalistas na modalidade de infantil e dúas de Vila de Cruces e unha de Pontevedra na de xuvenil son as finalistas da terceira edición doPremio Quero Cantar de música infantil e xuvenil da Deputación da Coruña.

A final terá lugar o vindeiro 17 de novembro no Teatro Colón da Coruña. Un xurado composto por cinco artistas de recoñecida traxectoria musical como son Belén Tajes, Sergio Tannus, Aida Saco Beiroa, Elena Paz e Manuel Otero coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de sección de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria fixeron xa a primeira selección da terceira edición do Premio Quero Cantar de música pola que se escollen tres grupos para participar na final e cinco no CD do certame.

Despois da xuntanza que se desenvolveu na Deputación da Coruña, o xurado decidiu que na categoría xuvenil as bandas e solistas que pasan á final son Pequenos Besbellos, de Pontevedra, con Faite respectar; Noa, de Vila de Cruces, con Agora son eu e Enxebres, tamén de Vila de Cruces con Sempre combativa.

A estas cancións tamén as han acompañar nodisco os temas Serei, da coruñesa Carlota Creus e Boa viaxe, das teenses Mikan.

Quero Cantar Deputación da Coruña

Na categoría infantil, pasen á final os grupos Cortegadaos, do concello de Cortegada, coa canción Eu quero ser unha árbore; As fantásticas, de Fisterra, coa canción O blues do faro e Os Calistos, de Teo, coa canción A princesa azul. No disco ha acompañalas a canción Ven comigo, do grupo amiense Ramalloss.

A próxima cita do concurso terá lugar o sábado 17 de novembro a partir das seis da tarde, no teatro Colón da Coruña. As bandas seleccionadas deberán interpretar alí en directo as súas composicións e desta vez será un xurado formado por mozas e mozos de ata 16 anos quen determine a posición final de cada unha das concorrentes.

Todas as bandas participantes na final teñen xa o seu premio asegurado, que será de 1500 euros máis un videoclip para as primeiras clasificadas en cada categoría, 1000 euros para as segundas e 500 para as terceiras. A gala ha contar ademais coa participación como banda invitada do grupo infantil María Fumaça.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *