Un “outono de contos” para promocionar á lectura

O Concello pon en marcha este mes de outubro de 2018 un novo programa infantil que pretende o triplo obxectivo de ofrecer aos nenos unha alternativa divertida para o seu tempo de ocio, favorecer a conciliación da vida persoal e laboral dos seus pais e, como aspecto central, fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa.

“Outono de contos” desenvolverse nas tres bibliotecas públicas que existen no termo municipal e tamén nas instalacións do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. Levarase a cabo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do programa de dinamización da lectura Ler conta moito.

As xornadas combinan contacontos e obradoiros dirixidos a diferentes grupos de idade e que se detallan:
– Xoves 4: “Güe güe”, da Asociación Cultural Barriga Verde. Ás 18:00 h na biblioteca de Paiosaco. De 0 a 3 anos.
– Venres 5: “Diccionario visual de palabras galegas”, de Taller Abierto. Ás 18:00 h na biblioteca da Laracha. Maiores de 4 anos.
– Xoves 11: “A máquina de facer debuxos animados”, de Laura Alonso Deseño & Creatividade. Ás 18:00 h na biblioteca de Caión. Maiores de 7 anos.
– Venres 19: “A máquina do tempo”, de Teatro Ghazafelhos. Ás 18:00 h na biblioteca de Paiosaco. Maiores de 4 anos
– Sábado 20: “Unha árbore vén a vernos”, de Carballo con Botas. Ás 17:00 h no Museo dos
Muíños de Golmar. Todos os públicos.
– Xoves 25: “Cecilia e a súa boneca”, de Laura Alonso Deseño & Creatividade. Ás 18:00 h na biblioteca de Caión. Maiores de 4 anos.
– Venres 26: “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, de Teatro Calavera ás 18.00 h na biblioteca da Laracha. Maiores de 3 anos.

A participación é gratuíta e non require inscrición previa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *