Máis prazas nas escolas infantís da Galiña Azul en Cedeira e Arzúa

Rey Varela Convenio Escola Infantil Cedeira

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou o 9 de agosto de 2018, dous convenios de colaboración cos alcaldes de Arzúa e de Cedeira, José Luis García López e Pablo Diego Moreda Gil, respectivamente, para a ampliación das escolas infantís de titularidade e xestión autonómica que están en funcionamento nestes dous municipios coruñeses.

O obxectivo é aumentar a oferta de prazas destes dous centros de atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos pertencente á rede Galiña Azul da Xunta de Galicia, mellorando así as posibilidades de conciliación das familias que residen nestas localidades.

No caso da escola infantil de Cedeira, o conselleiro explicou que se incrementará a oferta a en 20 prazas pasando das 58 que ten actualmente distribuídas en 4 unidades a 78 prazas en 5 unidades. Deste xeito, auméntase a taxa pública de cobertura para nenos e nenas de 0 a 3 anos neste municipio do Ortegal, ao tempo que se reduce a lista de agarda para acceder a este recurso público.

En canto á intervención prevista na escola infantil de Arzúa, esta permitirá aumentar a oferta do centro en 35 prazas, ao pasar de 41 prazas repartidas en 3 unidades a 76 en 5 unidades, elevando a taxa pública de cobertura para nenos de 0 a 3 anos e paliando a lista de agarda que soportou este recurso nos últimos cursos.

O conselleiro agradece a colaboración e boa disposición amosada por todos os membros que integran as corporacións municipais de Cedeira e Arzúa ao apoiar estas actuacións que redundarán na mellora dos servizos sociais que se prestan ás veciñanzas destas localidades.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *