No Gaiás hai dragóns xigantes

CidadeImaxinaria

Sabíades que no Gaiáis hai dragóns?…  O Gaiás, a Cidade da Cultura, convida as familias a gozar dunha nova edición do tradicional festival lúdico e familiar que desde hai 8 anos chega todos os agostos: “A Cidade Imaxinaria”.

Son catro horas ininterrompidas de fantasía, circo e xogos, nunha tarde de espectáculos ao aire libre e de balde.

Esta edición se celebrará o 25 de agosto de 2018, de 16 a 20 horas, potenciaranse os espectáculos en movemento polos exteriores do complexo. Estes incluirán inclué dragóns –ou “dragosaurios”– de cinco metros de altura que corricarán polo Gaiás sorprendendo a pequenos e maiores e tamén arriscados números acrobáticos no cumio de rodas xigantes.

Equilibristas, trapecistas, saltimbanquis e clowns conquistarán todos os recunchos da Praza
Central da Cidade da Cultura cun mesmo obxectivo: facer á cativada viaxar por mundos máxicos. Espectáculos e propostas de lecer innovadoras compartirán espazo con xogos
tradicionais como simples trebellos de corda e madeira que ao longo do tempo atrapan e cativan o todos os que os proban, independentemente da idade. Actividades como globoflexia e obradoiros de maquillaxe de fantasía complementan tamén a programación.

Como novidade desta edición, incluirase programación para os máis pequechos e pequechas da casa, xa que haberá un espazo para bebés —de 0 a 3 anos de idade— con xogos de estimulación.

“Cidade Imaxinaria Verán” contará ademais con zonas para repor enerxías, con postos de
petiscos e larpeiradas para a merenda. Haberá tamén reforzo no servizo de autobuses que
se suman ás habituais Liñas 9 e 11 que conectan o Gaiás co centro de Compostela.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *