A Xunta incorpora o libro dixital en 38 novos centros da Coruña

libro dixital

Un total de 38 novos centros sostidos con fondos públicos da Coruña incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 91 centros beneficiados en toda a provincia, un 72% máis que o ano pasado. Todos eles – estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución
definitiva na que se dan a coñecer os centros E-Dixgal para este novo curso.

En toda Galicia, son 114 os novos centros adheridos ao proxecto, que xa chega a 267 en total (un 70% máis que o curso pasado) e 18.000 alumnos, un 55% máis.

O departamento educativo da Xunta de Galicia, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), impulsan o E-Dixgal, un proxecto que naceu como experimental no curso 2014/15 coa intención de proporcionarlle aos centros da rede Abalar un proxecto integral para facilitar o desenvolvemento de proxectos de educación dixital mediante a incorporación de materiais específicos.

E-Dixgal vai máis aló do mero equipamento informático. De feito, todos os centros contan cun plan de formación propio no ámbito das novas tecnoloxías, cunhas 2000 horas de formación específica para o profesorado. Para o vindeiro curso 2018/19, ademais deste plan, en todos os Centros de Formación e Recursos (CFR) e no CAFI realizaranse cursos presenciais de iniciación e de profundización no manexo da contorna EVA E-Dixgal dirixida a todo o profesorado. Levaranse a cabo tamén diversas xornadas de actualización pensadas para aquelas persoas que realizan as funcións de coordinación do proxecto E-Dixgal nos centros educativos.

Ademais, os  plans incorporan unha Escola de Nais e Pais para que as propias familias reciban información ao respecto e dispoñan de canles axeitadas para o acceso aos contidos e a resolución de dúbidas, entre outros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *