“Xogar en verde” fomenta eventos deportivos sustentables

Foto: Moncho Fuentes / ANG A Coruña / 23/07/2018

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia fomenta que os eventos deportivos sexan cada vez máis sustentable, grazas a liña de acción “Xogar en Verde”, unha iniciativa dentro da campaña Verdear co fin de afrontar os retos e valores de sustentabilidade.

A conselleira, Beatriz Mato, visitou en xullo 2018, un taller de fomento de recollida selectiva, no que participaron aos rapaces do campus da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña.

Mato Otero recordou que esta actividade forma parte da iniciativa Verdear é a actitude, coa que se pretende mellorar o comportamento ambiental dos galegos e converter os seus xestos e esforzos en hábitos e costumes sustentables que -a súa vez- sexan unha resposta á mitigación dos efectos do cambio climático.

O deporte, explicou a conselleria, é un vector transversal dunha enorme capacidade para propiciar boas prácticas de sustentabilidade e para aumentar a sensibilidade e conciencia ambiental en todos os sectores sociais. Indicou que a educación e a concienciación son ferramentas fundamentais para promover boas condutas e fomentar a separación e a reciclaxe do volume de residuos que se xera nos campos deportivos, principalmente envases e plásticos (contedor amarelo) e papel (contedor azul).

Esta iniciativa pretende dotar aos asistentes e organizadores de eventos deportivos de ferramentas e mecanismos que muden o comportamento dos galegos e apoien actitudes responsables co medio ambiente, é dicir, que incorporen aos valores deportivos a sustentabilidade. Estase a elaborar un manual de boas prácticas ambientais coa descrición das accións que poidan reducir o impacto ambiental destes eventos, dirixido a organizadores e asistentes aos eventos deportivos que lles axudará a coñecer medidas que poden implantar antes, durante e despois do evento.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *