A taxa de abandono escolar en Galicia está 3 puntos por baixo da media nacional

Abandono escolar Galicia

Segundo informou o día 8 de maio de 2018 o deputado do Grupo Popular no Parlamento Galego,  Moisés Rodríguez Pérez,  as políticas educativas postas en marcha polo Goberno autonómica fixeron que  a taxa de abandono escolar pasara do 25,8 por cento en 2009 ao 14,9 por cento, en 2017.

“Algo estarase facendo ben cando a taxa galega está máis de tres puntos por baixo da media nacional e xa acadou o obxectivo marcado pola Unión Europea para 2020, fixado nun 15 por cento”, indicou MoisésRodríguez Pérez, quen afirmou que estes datos “deben ser percibidos como un logro común do sistema educativo galego”.

O deputado popular destacou o importante esforzo do Goberno galego por “un ensino sostible e de calidade”. E é que tal e como sinalou, ademais de fomentar un bo sistema educativo, que favorece a igualdade de oportunidades en equidade, hoxe “Galicia presenta un modelo definido e que involucra á toda a comunidade educativa”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *