Encontro anual da Asociación de equipos directivos de centros públicos de educación infantil e primaria

Directores Colegios Públicos Mariñán

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidiu o de 3 maio de 2018, no Pazo de Mariñán, a inauguración do encontro anual de asociación de equipos directivos de centros públicos de educación infantil e primaria da provincia da Coruña.

O acto contou tamén coa asistencia do presidente da asociación organizadora, Emilio Joaquín Veiga; a conselleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, Silvia Cameán; a vicerreitora da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro.

70 docentes participaron na XXVII edición deste encontro, que se vén celebrando de forma ininterrompida desde 1991 no pazo bergondés.

Abordáronse varias temáticas diferentes para coñecer a organización e o funcionamento dos centros educativos. Entre as ponencias e os grupos de traballo, temas de disciplina positiva baixo o lema “Como implantar o programa disciplina positiva nun centro”.

Fixose unha “Presentación de boas prácticas” na que participarán os CEIP coruñeses Mª Pita, Alborada e Sagrada Familia e o vigués Balaidos.

Levouse a cabo tamén unha xornada de convivencia a cargo do psicopedagogo, orientador e profesor titor da UNED-Alicante, Juan Vaello Orts, que falou sobre “O profesor emocionalmente competente no aula”.

O obxectivo destes encontros, segundo explicou o presidente da asociación Emilio Joaquín Veiga, é “dar resposta ás necesidades actuais dos centros educativos”, a través dun traballo de reflexión que permita aos membros das comunidades educativas contrastar as súas experiencias con proxectos e modelos de xestión innovadora.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *